mércores, 25 de xuño de 2014

luns, 23 de xuño de 2014

luns, 16 de xuño de 2014

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO

Por fin visitounos Ánxela Loureiro!!!
O día 10 de xuño tivemos a sorte de coñecer a esta escritora e pasar uns momentos enormemente divertidos. 
Aquí temos o recordo desta agradable visita.

venres, 6 de xuño de 2014

Ánxela Loureiro e os seus libros

Neste trimestre limos con moito interese "Viaxe de ida e volta". Este libro trata das aventuras que pasa o caracol Fol para atopar ao seu irmán Mol e ao resto da súa familia.
 

E tamén "Ota quere voar". Esta é a historia dunha gaivota desde o seu nacemento ata que se fai mior. Ao longo do tempo, Ota vai descubrindo cousas moi fermosas e tamén pasará por situacións perigosas, pero pouco a pouco aprenderá a sobrevivir.


Estes dous libros foron escritos por Ánxela Loureiro











E léronse con especial ilusión porque dende Nadal sabemos que imos ter un encontro con esta fantástica escritora e estámola esperando moi emocionados. Xa sabemos que o día 10 de xuño virá ao noso colexio. Entón poderemos preguntarlle moitas cousas relacionadas cos seus libros e os personaxes tan divertidos que aparecen neles.
Para darlle a homenaxe que se merece fixéronse unha morea de traballos: acrósticos, cartas, retratos, biografías imaxinarias, comics, debuxos, poesías... e con todo iso faremos un libro para entregarllo  cando nos visite.

Unha mostra dos traballos realizados

domingo, 11 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS

Este ano o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas é  
Xosé María Díaz Castro
 

Para coñecer a figura deste personaxe importante da nosa cultura podedes consultar estas páxinas:

Asociación cultural Xermolos

Seminario Galán

Xosé María Díaz Castro
Para conmemorar o DÍA DO LIBRO fixemos dúas actividades moi interesantes: un traballo informativo sobre diferentes tipos de embarcacións e un conto ilustrado que tivese relación co mar e coas embarcacións. Todo isto seguindo as pautas marcadas pola biblioteca do noso centro, que este ano ten como temática xeral "O MAR"

Aquí está unha mostra do realizado.

xoves, 8 de maio de 2014