xoves, 19 de decembro de 2013

FELIZ NADAL

Xa temos aquí o Nadal! Tempo de desfrutar e descansar, pero sempre teredes algúns momentos para adicalos á lectura. Lembrade que levades un listado de libros recomendados pola mascota da biblioteca e ademais unha suxerencia dos titores, para que pidades de agasallo o libro de Ánxela Loureiro, "Viaxe de ida e volta", coa que teremos un encontro na primavera.



BO NADAL E FELICES FESTAS PARA TODOS VÓS!! 
VÉMONOS O 9 DE XANEIRO DE 2014!!

mércores, 27 de novembro de 2013

martes, 26 de novembro de 2013

Concerto no Centro sociocultural Ágora

Os días 26 e 27 de novembro asistiremos a un concerto no Ágora, "Los colores de las cuerdas" donde  o grupo ARCOS IRIS, formado por un grupo de cordas ( violín,  viola,  chelo e  contrabaixo) da Orquesta Sinfónica de Galicia, ofrece un percorrido sonoro (e visual) por a música dende o século XVIII   ata a actualidade, dende Austria ata Irlanda; dende a música celta ao jazz.  
Desexamos que disfrutedes.

xoves, 14 de novembro de 2013

CURSO 2013-2014


Neste curso 2013-2014 levamos realizadas moitas actividades, dentro e fóra da aula. Una,moi interesante foi a participación no programa EDUCA SAÚDE,coa que poidemos aprender cousas importantísimas que nos axudarán a que a nosa saúde sexa mellor.

Cando foi tempo de vendimas elaboramos mosto. Estaba moi bo. Aquí está o documento gráfico de todo o proceso.

 Tamén celebramos o Samaín, preparando as cabazas tan típicas destas datas.