mércores, 25 de xuño de 2014
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
O día 13 de xuño fomos a Sobrado dos Monxes á CASA DO QUEIXO. Pasámolo XENIAL!!!
VIAXE
luns, 23 de xuño de 2014
TAPÓNS PARA UXÍA
Os alumnos e alumnas de 4º tamén participamos na campaña solidaria "TAPÓNS PARA UXÍA"
luns, 16 de xuño de 2014
VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO
Por fin visitounos Ánxela Loureiro!!!
O día 10 de xuño tivemos a sorte de coñecer a esta escritora e pasar uns momentos enormemente divertidos.
Aquí temos o recordo desta agradable visita.
O día 10 de xuño tivemos a sorte de coñecer a esta escritora e pasar uns momentos enormemente divertidos.
Aquí temos o recordo desta agradable visita.
venres, 6 de xuño de 2014
Ánxela Loureiro e os seus libros
Neste trimestre limos con moito interese "Viaxe de ida e volta". Este libro trata das aventuras que pasa o caracol Fol para atopar ao seu irmán Mol e ao resto da súa familia.
E tamén "Ota quere voar". Esta é a historia dunha gaivota desde o seu nacemento ata que se fai mior. Ao longo do tempo, Ota vai descubrindo cousas moi fermosas e tamén pasará por situacións perigosas, pero pouco a pouco aprenderá a sobrevivir.
Estes dous libros foron escritos por Ánxela Loureiro
E léronse con especial ilusión porque dende Nadal sabemos que imos ter un encontro con esta fantástica escritora e estámola esperando moi emocionados. Xa sabemos que o día 10 de xuño virá ao noso colexio. Entón poderemos preguntarlle moitas cousas relacionadas cos seus libros e os personaxes tan divertidos que aparecen neles.
Para darlle a homenaxe que se merece fixéronse unha morea de traballos: acrósticos, cartas, retratos, biografías imaxinarias, comics, debuxos, poesías... e con todo iso faremos un libro para entregarllo cando nos visite.
Unha mostra dos traballos realizados
domingo, 11 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS
Este ano o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas é
Para coñecer a figura deste personaxe importante da nosa cultura podedes consultar estas páxinas:
Asociación cultural Xermolos
Seminario Galán
Xosé María Díaz Castro
Xosé María Díaz Castro
Para coñecer a figura deste personaxe importante da nosa cultura podedes consultar estas páxinas:
Asociación cultural Xermolos
Seminario Galán
Xosé María Díaz Castro
Para conmemorar o DÍA DO LIBRO fixemos dúas actividades moi interesantes: un traballo informativo sobre diferentes tipos de embarcacións e un conto ilustrado que tivese relación co mar e coas embarcacións. Todo isto seguindo as pautas marcadas pola biblioteca do noso centro, que este ano ten como temática xeral "O MAR"
Aquí está unha mostra do realizado.
xoves, 8 de maio de 2014
xoves, 10 de abril de 2014
Fomos ao teatro Colón
E chegou o día de ir ao teatro Colón para ver "Valados". Que bonita esta obra, verdade?
Maís adiante, o día 12 de maio, recibimos a visita de Xoel, o protagonista de Valados. Todos desfrutamos un montón coa súa presenza e co que nos contou.
Maís adiante, o día 12 de maio, recibimos a visita de Xoel, o protagonista de Valados. Todos desfrutamos un montón coa súa presenza e co que nos contou.
xoves, 27 de marzo de 2014
VALADOS
O día 10 de abril teremos a oportunidade de ir ao teatro Colón para ver a obra VALADOS representada por Artestudio.
Esta obra está baseada no libro de Agustín Fernández Paz do mesmo nome.
Esta obra está baseada no libro de Agustín Fernández Paz do mesmo nome.
Sinopse da peza teatral
Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amizade e da súa vila, chea de vida ata que un vento
fantasmagórico
lle rouba a ledicia e
o amor e aproveita as
deliciosas diferenzas entre
as persoas para
convertilas en
prexuízos: o
medo
ao diferente, a desconfianza no veciño…
Prexuízos adultos suficientes para erguer
un VALADO que parte a cidade en
dous, deixando a Helena a un lado
e a
Xoel ao outro.
A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear
artimañas de comunicación e seguir así xuntos
aínda que separados.
Un espectáculo no que a través da música, a máis grande das artes, a danza, a
máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un
papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.
venres, 7 de marzo de 2014
BOCATAS SAUDABLES
Os alumnos de 4º, xunto cos demais alumnos do colexio María Pita, participamos no programa "ALIMENTA-T BEN".
As actividades realizadas o día 7 de marzo foron moi divertidas. Primeiro recibimos información sobre os distintos tipos de alimentos e a importancia que teñen para o noso corpo. Despois participamos nun concuso de preguntas relacionadas coa alimentación, sobre todo de produtos do mar. Por último elaboramos os "bocatas" cos ingredientes que máis nos gustan. Riquiiiisimos!!!
venres, 28 de febreiro de 2014
luns, 24 de febreiro de 2014
DÍA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro é o día dedicado a Rosalía de Castro. Sabedes por que?
Buscade AQUÍ para informarvos.
POEMAS MUSICADOS
Adiós ríos, adiós fontes
Negra sombra
Un repoludo gaiteiro
Campanas de Bastabales
Buscade AQUÍ para informarvos.
POEMAS MUSICADOS
Adiós ríos, adiós fontes
Negra sombra
Un repoludo gaiteiro
Campanas de Bastabales
martes, 18 de febreiro de 2014
mércores, 12 de febreiro de 2014
Visita ao MUNCYT
O día 13 de febreiro visitaremos o museo da ciencia e da tecnoloxía (MUNCYT).
Se queres máis información consulta a súa páxina: http://www.muncyt.es/
luns, 3 de febreiro de 2014
martes, 21 de xaneiro de 2014
DÍA DA PAZ
Aquí tedes as biografías dalgúns grandes personaxes pola paz e tamén xogos que tratan este tema.
Para celebrar este día realizamos diferentes actividades, unha delas foi a elaboración, en cada clase, dunha barca co nome dun personaxe relacionado coa paz.
As nosas barcas levaron estes personaxes:
MARTIN LUTHER KING (4ºA)
JEAN HENRI DUNANT (4ºB)
FRÉDÉRIC PASSY (4ºC)
venres, 10 de xaneiro de 2014
Concerto no Pazo da Ópera
O día 15 de xaneiro, os alumnos de 4º visitaremos o Pazo da Ópera para escoitar e desfrutar cos "Clásicos" : Vivaldi, Bach, Rossini, Mozart, Beethoven...
Se queredes saber máis destes grandes compositores e escoitar algún fragmento das súas obras pinchade aquí:
OS CLÁSICOS
Se queredes saber máis destes grandes compositores e escoitar algún fragmento das súas obras pinchade aquí:
OS CLÁSICOS
xoves, 9 de xaneiro de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)