Neste trimestre limos con moito interese "Viaxe de ida e volta". Este libro trata das aventuras que pasa o caracol Fol para atopar ao seu irmán Mol e ao resto da súa familia.
E tamén "Ota quere voar". Esta é a historia dunha gaivota desde o seu nacemento ata que se fai mior. Ao longo do tempo, Ota vai descubrindo cousas moi fermosas e tamén pasará por situacións perigosas, pero pouco a pouco aprenderá a sobrevivir.
Estes dous libros foron escritos por Ánxela Loureiro
E léronse con especial ilusión porque dende Nadal sabemos que imos ter un encontro con esta fantástica escritora e estámola esperando moi emocionados. Xa sabemos que o día 10 de xuño virá ao noso colexio. Entón poderemos preguntarlle moitas cousas relacionadas cos seus libros e os personaxes tan divertidos que aparecen neles.
Para darlle a homenaxe que se merece fixéronse unha morea de traballos: acrósticos, cartas, retratos, biografías imaxinarias, comics, debuxos, poesías... e con todo iso faremos un libro para entregarllo cando nos visite.
Unha mostra dos traballos realizados
Ningún comentario:
Publicar un comentario