mércores, 25 de xuño de 2014

luns, 23 de xuño de 2014

TAPÓNS PARA UXÍA

Os alumnos e alumnas de 4º tamén participamos na campaña solidaria "TAPÓNS PARA UXÍA"


luns, 16 de xuño de 2014

VISITA DE ÁNXELA LOUREIRO

Por fin visitounos Ánxela Loureiro!!!
O día 10 de xuño tivemos a sorte de coñecer a esta escritora e pasar uns momentos enormemente divertidos. 
Aquí temos o recordo desta agradable visita.

venres, 6 de xuño de 2014

Ánxela Loureiro e os seus libros

Neste trimestre limos con moito interese "Viaxe de ida e volta". Este libro trata das aventuras que pasa o caracol Fol para atopar ao seu irmán Mol e ao resto da súa familia.
 

E tamén "Ota quere voar". Esta é a historia dunha gaivota desde o seu nacemento ata que se fai mior. Ao longo do tempo, Ota vai descubrindo cousas moi fermosas e tamén pasará por situacións perigosas, pero pouco a pouco aprenderá a sobrevivir.


Estes dous libros foron escritos por Ánxela Loureiro











E léronse con especial ilusión porque dende Nadal sabemos que imos ter un encontro con esta fantástica escritora e estámola esperando moi emocionados. Xa sabemos que o día 10 de xuño virá ao noso colexio. Entón poderemos preguntarlle moitas cousas relacionadas cos seus libros e os personaxes tan divertidos que aparecen neles.
Para darlle a homenaxe que se merece fixéronse unha morea de traballos: acrósticos, cartas, retratos, biografías imaxinarias, comics, debuxos, poesías... e con todo iso faremos un libro para entregarllo  cando nos visite.

Unha mostra dos traballos realizados